Bono cultura

Enviamos información sobre o Bono Cultura – https://www.bonocultura.gal/

USUARIOS


Esta iniciativa, que conta cun orzamento de case 2M€, cada usuario poderá obter un bono desconto por valor de 50€ para gastar nos establecementos e servizos adheridos á iniciativa. En cada compra, o cliente obterá un desconto do 50%. Ata o 31 de decembro, poderá usar o bono tantas veces como desexe ata esgotar o crédito dispoñible.
Que se pode mercar co Bono Cultura?

  • Música gravada en formato CD ou vinilo.
  • Produtos audiovisuais (películas, series etc.) en formato físico.
  • Libros e videoxogos.
  • Entradas para salas de cine, concertos de música e espectáculos escénicos.
  • Entradas para calquera tipo de institución cultural (museo, casa-museo, etc.).
  • Calquera outro tipo de ben cultural.

    *Os produtos de papelaría; os equipos software e consumibles de informática e electrónica; os xogos de calquera tipo; e os libros de texto para o ámbito educativo non universitario quedan excluídos do programa.

Poderá facerse co Bono Cultura da Xunta calquera persoa maior de idade que teña a súa residencia en Galicia. A descarga realizarase a partir do 1 de novembro a través da web bonocultura.gal, que estará habilitará nos próximos días. Desde ela emitirase o bono en formato dixital a través dun código QR. Na mesma web tamén se informará das entidades adheridas. O período de validez dos bonos será do 1 de novembro ao 31 de decembro.


EMPRESAS

Por medio desta orde procédese á apertura do prazo de adhesión dos establecementos culturais interesados (código de procedemento CT500C).


 

Os establecementos culturais que desexen adherirse ao programa Bono Cultura deberán rexistrarse a través da web: https://www.bonocultura.gal, á cal se poderá acceder desde a sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, no prazo dun mes a partir de mañá 19 de outubro.

Grupos e epígrafes do IAE:

659 Outro comercio polo miúdo
659.4 Com. polo miúdo de libros, xornais e revistas
962 Distribución pelíc. cinem. e vídeos
962.1 Distribución e venda de películas
962.2 Distribución e venda por xunto de películas
963 Exhibición pelíc. cinem. e vídeos
963.1 Exhibición de películas cinematográficas
963.2 Exhibición películas aire libre
963.3 Exhibición películas sen establecemento
963.4 Exhibición películas establec. Distintos
965 Espectáculos (agás cine e deportes)
965.1 Espectáculos en salas e locais
965.2 Espectáculos ao aire libre
965.3 Espectáculos fóra establecemento
965.4 Empresas de espectáculos
966 Bibliot., arquiv., museos, xardíns e zoo
966.1 Bibliotecas e museos

 

 

Bono cultura
Bono cultura
 
 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *