BONOS ACTIVA COMERCIO

A partir do próximo luns 15 de maio xa podes descargar o teu bono de 30€.

O sistema funciona a través dunha aplicación móbil e o importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra.

Establécense tres tramos de gasto nos que se aplicarán os descontos:

-Para compras de 20 a 30€ – 5€ de desconto.
-Para compras de 30 a 50€ – 10€ de desconto.
-Para compras de máis de 50€ – 15€ de desconto.

Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de ata 30€ que poderá descontar en función do crédito dispoñible nos distintos establecementos comerciais adheridos e que estarán identificados co distintivo da campaña.

No caso de esgotamento do crédito do programa, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.

Descarga o teu bono en www.bonosactivacomercio.gal

Activa comercio Santa Comba

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *