Bonos activa comercio

A partir do próximo 𝐥𝐮𝐧𝐬 𝟗 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 xa podes descargar o teu bono de 30€.

O sistema funciona a través dunha aplicación móbil e o importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra.

Establécense tres tramos de gasto nos que se aplicarán os descontos:

-Para compras de 20 a 30€ – 5€ de desconto.
-Para compras de 30 a 50€ – 10€ de desconto.
-Para compras de máis de 50€ – 15€ de desconto.

Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de ata 30€ que poderá descontar en función do crédito dispoñible nos distintos establecementos comerciais adheridos e que estarán identificados co distintivo da campaña.

No caso de 𝒆𝒔𝒈𝒐𝒕𝒂𝒎𝒆𝒏𝒕𝒐 𝒅𝒐 𝒄𝒓𝒆́𝒅𝒊𝒕𝒐 do programa, os bonos descargados xa 𝒏𝒐𝒏 𝒔𝒆 𝒑𝒐𝒅𝒆𝒓𝒂́𝒏 𝒖𝒕𝒊𝒍𝒊𝒛𝒂𝒓.

Descarga o teu bono en www.bonosactivacomercio.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *