Botica do Xallas

En Marzo do 2013, das ganas de axudar ó sector agrícola do noso municipio e dos arredores, nace en Santa Comba a Botica do Xallas.

Surxe así a idea de comercializar, desde produtos de alimentación animal ata todo o preciso para o día a día do sector gandeiro: produtos veterinarios, forraxe, apeiros agrícolas, plásticos de ensilado, roupa de traballo, abonos, e ata animais como galiñas, polos, pavos, etc.

Animados polo éxito atopado e pola satisfacción dos seus clientes, decidiron aumentar a tenda e ir máis alá dos sectores agrícola e gandeiro, extendendo a gama de produtos que comercializaban para facilitarlles a vida non só ós profesionais do campo, senon á toda a xente da contorna ofertando produtos como : semillas, plantas, maquinaria de xardin, ferretería, accesorios para mascotas, produtos de limpeza e fogar, pellets, e ata xoguetes para os máis pequenos da casa, da coñecida marca Bruder.

Na Botica do Xallas son distribuidores oficiais de Nanta, polo que contan con pensos Pavo, marca líder en nutrición equina, así como cunha ampla gama de suplementos, pensos, etc.

No tocante á nutrición canina, dispoñen de dúas gamas: Arion Friends que é a súa gama de alta calidade co mellor prezo e Arion Titanium, que é a gama máis alta de penso para cans desta marca. Dispoñen tamén dunha gama Camper, que é unha liña completa de alimentos para aves e coellos de corral.

Traballan con marcas referentes no sector como: TimacAgro, Fertipado, Proquimia, Dekalb…dando asesoramento a explotacións punteiras de Galicia.

Actualmente, co fin de ofrecer un mellor servizo aos seus clientes, dispoñen de páxina web con servizo de venda online, www.boticadoxallas.com , e tamén podedes estar ó tanto das súas novidades a través da súa páxina de Facebook.

Para facilitar as túas compras, contan ademais con servizo de reparto a domicilio. Podes visitalos en Avda. Brasil, 65 baixo, onde persoal moi implicado e con anos de experiencia no sector te asesorará nas túas compras.

Para calquera dúbida, podedes informarvos vía telefónica ou mail (646106767, 981896922 ou info@boticadoxallas.com).