Calzados Moledo

Hoxe falamos dunha empresa que seguro que todos recordades aberta desde pequenos, xa que aínda que agora ten ó seu fronte a Malena, ela é xa a terceira xeración nesta empresa familiar.

O seu avó Marcelino que era zapateiro, veu de Noia e facía todo tipo de calzado a medida, como por exemplo os míticos zocos que tanto uso levaban por aquel entón. Chegou a ter ata 10 operarios traballando e os seus fillos, aínda que na emigración, todos seguiron o seu oficio e foron zapateiros.

O pai de Malena, 𝑴𝒂𝒏𝒐𝒍𝒐 𝒅𝒆 𝑴𝒂𝒓𝒄𝒆𝒍𝒊𝒏𝒐 que agora ten xa 97 anos, quedouse aquí a traballar co seu pai, para tempo despois incluso a súa muller botarlle un man na zapatería cosendo zapatos a máquina. Ó longo dos anos foi introducindo calzado de fábrica que compaxinaba co de zapateiro para, pouco a pouco ir converténdose no 𝐂𝐚𝐥𝐳𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐌𝐨𝐥𝐞𝐝𝐨 que coñecemos a día de hoxe.

Durante eses anos de evolución chegou Malena, que viviu o oficio de zapateiro desde que naceu e xa desde ben pequena axudaba na tenda para, anos despois, quedarse ó seu fronte.

Todo o que sabe aprendeuno deles, de seus pais e do seu avó. Entre os seus piares fundamentais está dar un trato próximo e cordial, gústalle dar calidade tanto no produto coma no servizo e que o cliente salga sempre satisfeito.

En todos estes anos, entre todas as xeracións lograron unha gran clientela de toda a contorna e incluso doutros concellos, unha fiel clientela que a día de hoxe os segue coñecendo como ❞𝑨 𝒅𝒆 𝑴𝒂𝒓𝒄𝒆𝒍𝒊𝒏𝒐.❞