Campaña de rascas de nadal

Dende o mércores día 15 de decembro ata o sábado 8 de xaneiro, mercar no comercio de Santa Comba terá premio.
 
Mercando nos comercios participantes (disporán dun cartel e vinilo identificativo) optarás a un dos 1000 premios.
 
Os agasaios estarán expostos no baixo número 20 da Avenida Alfonso Molina dende o día 15 de decembro, data na que comeza a campaña ata o sábado día 8 de xaneiro.
 
Os premios recolleranse a partir do 10 de xaneiro nas oficinas da Asociación de empresarios.
 
Neste nadal merca en Santa Comba.
Campaña de rascas de nadal