A rifa premiada coas catro últimas cifras do cupón diario premiado no sorteo da ONCE do día 15 de agosto de 2023 foi o número 2730 e repartido en Espacio M.
O premio recollerase nas oficinas da Asociación de Empresarios antes do 31 de agosto de 2023, en horario de 09:30 a 13:30h. de luns a venres.
No caso de non aparecer a rifa gañadora nesta data, haberá un segundo sorteo e será a rifa que posúa as catro últimas cifras do cupón premiado no sorteo da ONCE do día 1 de setembro de 2023, así que non tiredes as vosas rifas, aínda hai outra oportunidade.
Na segunda rolda o prazo para recoller o premio será o 15 de setembro de 2023.
O premio consiste nunha fin de semana para dúas persoas no Balneario de Cuntis.