CAMPAÑA DE VERÁN – VIVE SANTA COMBA

A Campaña comezará o luns 10 de xullo, rematando o xoves 10 de agosto de 2023.

Nos próximos días faremos entrega das rifas ás empresas participantes e un cartel identificativo da Campaña de Verán.

A rifa premiada será a que posúa as catro últimas cifras do cupón premiado no sorteo da ONCE do día 15 de agosto de 2023.

O premio consiste nunha fin de semana para dúas persoas no Balneario de Cuntis.
HOTEL CASTRO DO BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS * * * *
(Cuntis – Pontevedra).
2 noites de aloxamento en cuarto dobre, almorzo buffet, acceso 3 horas ao circuíto lúdico-termal Acquaform, 1 baño termal con hidromasaxe por persoa e estancia e 1 envoltura corporal de algas por persoa e estancia.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *