Campaña días azuis

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA, SÚMASE Á CAMPAÑA DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO, QUE SE DESENVOLVERÁ DO 1 AO 20 DE NOVEMBRO.

Iniciativa da Federación Galega de Comercio, que ten por obxecto dinamizar o consumo no sector comercio, Campaña que terá lugar entre o 1 e o 20 de Novembro de 2021 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 12.000 euros en premios, distribuidos en 24 tarxetas prepago regalo de 250 euros e 40 tarxetas de 150 euros, que deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de Xuño de 2022.

O sorteo realizarase ante notario o 24 de novembro de 2021.

Dinámica: Os clientes poden participar de dous xeitos diferentes:

1.Rexistrando directamente a súa compra en www.diasazuis.com, a través de calquera dispositivo electrónico: móbil, tablet…

2.Ou coa colaboración do comerciante, a través da plataforma www.diasazuis.com/comercio, onde podes rexistrar directamente a operación de compra dos teus clientes. Deste xeito o consumidor duplica a participación para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, o cliente deberá fotografiar ou gardar o seu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse na web www.diasazuis.com unha vez finalizada a campaña.

A Asociación de Empresarios de Santa Comba fará entrega aos comercios que desexen participar na campaña o seguinte material: 1 gráfico circular para colgar ou pegar no teu escaparate ou no interior, 10 folletos circulares para distribuir entre os teus clientes, 1 cartel informativo e 1 carta explicativa xunto as bases da campaña.

Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico dptocomunicacion@comerciogalicia.es.