Ingeniería Agrícola Rodríguez S.L.
Hoxe falamos de 𝐈𝐧𝐠𝐞𝐧𝐢𝐞𝐫𝐢́𝐚 𝐀𝐠𝐫𝐢́𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐑𝐨𝐝𝐫𝐢́𝐠𝐮𝐞𝐳 𝐒.𝐋., empresa creada no ano 2.002 por tres irmáns: 𝑀𝑎𝑛𝑜𝑙𝑜, 𝐵𝑒𝑛𝑖𝑔𝑛𝑜 𝑒 𝐽𝑜𝑠𝑒́.
En Rodríguez contan con dúas liñas de traballo, unha dedicada a enxeñería e arquitectura e outra a comercial agrícola.
Na 𝐥𝐢𝐧̃𝐚 𝐝𝐞 𝐞𝐧𝐱𝐞𝐧̃𝐞𝐫𝐢́𝐚 realizan traballos como proxectos de establos, silos, fábricas de pensos, imposto de sucesións ou particións de herdanzas. Fai dous anos, coa incorporación de Manuel Rodríguez como arquitecto da empresa, implantaron tamén a 𝐥𝐢𝐧̃𝐚 𝐝𝐞 𝐚𝐫𝐪𝐮𝐢𝐭𝐞𝐜𝐭𝐮𝐫𝐚, na que realizan proxectos de vivendas e edificios, naves industriais, legalizacións e apertura de locais e proxectos de turismo entre outros.
No relativo á parte de 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐫𝐜𝐢𝐨 𝐚𝐠𝐫𝐢́𝐜𝐨𝐥𝐚, traballan cos mellores proveedores, tales como Abs Progenex, Ecolab, Fertinagro, Ragt, Koipesol, Basff, Bioprana, Coren, Deheus, etc. para que dispoñas de todo o que precises para o teu campo ou granxa (pensos, abonos, millo, fitosanitarios, etc.)
Ademais da venta e asesoramento cos técnicos de todas estas casas comerciais, teñen á disposición dos seus clientes 4 sementadoras de millo, 5 abonadoras, 1 sementadora de herba e 3 aplicadores de inoculantes para millo e herba.
Desde o 2022 no que comezou a súa andadura, esta empresa non deixou de medrar e a día de hoxe contan cun equipo de 14 persoas: os 3 irmáns e 11 empregados.
Pero a familia Rodríguez non estaría completa sen a parte máis importante, que son sen dúbida os seus clientes.
Tras máis de 20 anos de traballo, contan cunha ampla carteira de clientes, que confían nas súas solucións e produtos, ós cales lles queren devolver esa confianza e agradecerlla de todo corazón.
Rematamos dicindo no seu nome: “𝑂𝑠 𝑐𝑙𝑖𝑒𝑛𝑡𝑒𝑠 𝑠𝑜𝑑𝑒𝑠 𝑜 𝑒́𝑥𝑖𝑡𝑜 𝑑𝑎 𝑛𝑜𝑠𝑎 𝑒𝑚𝑝𝑟𝑒𝑠𝑎 𝑒 𝑠𝑒𝑛𝑡𝑖́𝑚𝑜𝑛𝑜𝑠 𝑜𝑟𝑔𝑢𝑙𝑙𝑜𝑠𝑜𝑠 𝑑𝑒 𝑡𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑎𝑟 𝑐𝑜𝑛 𝑐𝑙𝑖𝑒𝑛𝑡𝑒𝑠 𝑜́𝑠 𝑞𝑢𝑒 𝑡𝑎𝑚𝑒́𝑛 𝑐𝑜𝑛𝑠𝑖𝑑𝑒𝑟𝑎𝑚𝑜𝑠 𝑎𝑚𝑖𝑔𝑜𝑠.”