Carbónicas Landeira
Comezou Setembro, mes de comezos e volta á rutina, e de seguir coñecendo mellor aos nosos socios.
Os inicios da empresa da que falamos hoxe remóntanse ao ano 1945, cando D. Antonio Landeira Landeira puxo a funcionar no noso municipio a primeira planta produtora e embotelladora completamente manual de bebidas gasosas.
No 1984, case 40 anos despois, a empresa nace como sociedade, o que significou a aposta da segunda xeración familiar pola continuidade e modernización dunha empresa que neses momentos contaba xa con case 4 décadas de historia.
Na actualidade, 𝐂𝐚𝐫𝐛𝐨́𝐧𝐢𝐜𝐚𝐬 𝐋𝐚𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚 conta nas súas filas coa incorporación efectiva da terceira xeración familiar, os cales asumen as tarefas de produción e comercialización. Tradición e iniciativa únense nesta terceira xeración e posicionan a Carbónicas Landeira como unha das principais empresas do sector, cunha traxectoria empresarial coa que conseguiron ser un referente, mantendo a tradición e adaptándose ás novas tendencias do mercado.
As súas instalacións produtivas e embotelladoras ocupan unha superficie de máis de 3000 metros cadrados con dúas liñas independentes de envasado, vidro e pet, e unha capacidade para máis de 10.000 botellas/hora.
As súas áreas de negocio actuais confórmanas, por un lado a produción e embotellado de bebidas refrescantes, entre as que contan con marca propia (Splity) e autorización para marcas nacionais (Pitusa, Zar, Coral), e por outro lado, un canal de distribución propio na zona noroeste da provincia, ao que incorporan outras marcas comerciais para a súa distribución.
Aínda que a súa marca máis coñecida é a 𝐏𝐢𝐭𝐮𝐬𝐚, nos últimos anos foron diversificando o seu portfolio ampliando as referencias en alimentación e viños.
Entre as súas últimas incorporacións, e podemos dicir creacións, atopamos 𝐁𝐚́𝐠𝐨𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐦𝐚𝐫, un novo concepto de tónica premium galega elaborada con un 7.5% de auga de mar da Costa da Morte.
Neste último ano iniciaron tamén un proxecto de venta de auga, tanto a domicilio como a oficinas ou talleres, coa marca 𝐒𝐚𝐧𝐱𝐢𝐧𝐞́𝐬 de Vilagarcía de Arousa.
A día de hoxe, con preto de 8 décadas de antigüidade, podemos dicir que Carbónicas Landeira foi e é unha empresa en constante evolución, capaz de adaptarse aos tempos e de seguir innovando e medrando día a día