Bar Sunday
Hoxe falamos dunha empresa que xa forma parte da historia de Santa Comba. Foi o día dos Santos Inocentes de 1979 cando, a cargo de Mercedes “A Rafaela”, o 𝐁𝐚𝐫 𝐒𝐮𝐧𝐝𝐚𝐲 abriu as súas portas. E non foi ningunha broma, xa que leva 44 anos compartindo o seu día a día cos veciños de Santa Comba e contorna.
Agora está ao cargo do negocio familiar Rafa, a terceira xeración que dedica a súa vida a facer millonarios aos veciños do Xallas. Porque ademais de bar, o Sunday é coñecido por ser un dos despachos de loterías que máis premios repartiu de Galicia (o último cun segundo premio da lotería nacional).
No Sunday podes crear as túas peñas (que poden quedar a cargo e ser xestionadas por Rafa), xogar as túas primitivas ou encargar a túa lotería. Neste último apartado contan con @𝑴𝒆𝒊𝒙𝒆𝒍𝒂, a parte especializada en personalizar décimos como regalo de empresa, vodas, bautizos,etc.
E aínda que a lotería ocupa o groso de negocio do Sunday, a parte de bar non queda esquecida. Comezando polo café, onde só se utiliza gran da máis alta calidade, o 100% 𝑎𝑟𝑎́𝑏𝑖𝑐𝑎 𝑑𝑒 𝑆𝑖𝑏𝑜𝑛𝑒𝑦 e, seguindo cos produtos de proximidade, o leite Feiraco.
Con respecto ás bebidas espirituosas, o Sunday está especializado en 𝑣𝑒𝑟𝑚𝑢́, 𝑐𝑜𝑛 𝑎𝑡𝑎 28 𝑟𝑒𝑓𝑒𝑟𝑒𝑛𝑐𝑖𝑎𝑠. Se queres cambiar o Martini, déixate aconsellar por Rafa e aventúrate a probar sabores distintos.
Nas últimas semanas tamén se converteron en 𝑷𝒖𝒏𝒕𝒐 𝑷𝒂𝒄 de 𝑪𝒆𝒍𝒆́𝒓𝒊𝒕𝒂𝒔, así que podes aproveitar para recoller o teu paquete e levar o bote de Euromillones, todo na mesma viaxe.
Se queres saber un pouco máis, podes seguilos nas súas redes sociais, tanto do bar https://www.facebook.com/BarSunday/ e https://www.instagram.com/sundaybar/ , como de Meixela https://www.instagram.com/meixela/ e https://www.facebook.com/Meixelaloteria .