Cenor electrodomésticos

Hoxe é o turno de Cenor Electrodomésticos.

No ano 2004 unha das principais cadeas de electrodomésticos, cunha antigüidade de máis de 30 anos decidiu facer a súa primeira apertura no noso municipio, no número 40 da Rúa Lugo.

Despois de 7 anos de constante crecemento e apoio dos clientes, decidiron cambiarse a un local máis grande, e facer del un sitio acolledor e de confianza para os seus clientes, acabando desta maneira no número 33 da Rúa Lugo no que se atopan actualmente.

Alí atoparedes gran variedade de electrodomésticos e distintos tipos de servicio como a colocación de antenas. Por outra banda, contan con servicio técnico, reparando ou facendo máis doada a colocación de electrodomésticos, e aconsellando sempre da mellor maneira á súa clientela.

Desde Cenor, aproveitan a ocasión para agradecer aos seus clientes a súa fidelidade, e a confianza depositada neles ao longo de todos estes anos.