Cervecería d'Mara
Sen movernos do sector da hostalería, ímonos ata a Avda. de Mourelle para falar doutro local que leva aberto desde o 2016 e que actualmente conta con cerca de 15 empregados en plantilla.
Falamos da 𝐂𝐞𝐫𝐯𝐞𝐜𝐞𝐫𝐢́𝐚 𝐝’𝐌𝐚𝐫𝐚, un local polivalente no que tanto poderás tomar ese primeiro café da mañá como celebrar entre familia e amigos durante a fin de semana!
Unha das bases da d’Mara está na súa cociña, na que de luns a venres se cociñan multitude de pratos para atender a un menú do día do máis variado, pero que conta ademais cunha extensa carta entre a que poderemos atopar gran variedade de racións, pizzas, etc. Dentro dela, os seus pratos mais aclamados son: a tortilla, os chipiróns, o raxo e as milanesas e entre elas, a d’napoli!
E sen saír dos fogóns, atopamos a súa especialidade nos arroces para compartir, elaborados cos mellores produtos e todo o bo sabor da súa cociña. De vieiras e langostinos, de polbo e ameixas, etc…non pararás ata probalos todos! E que mellor que acompañalos con un viño da súa extensa bodega.
Durante as fins de semana, na d’Mara teñen lugar multitude de celebracións, xa que realizan comidas para grupos. Se queres saber máis, podes botar un ollo aos menús na súa páxina web www.cerveceriadmara.com ou poñerte en contacto con eles.
Sabemos que desta hora xa entra ben unha tapiña de tortilla así que, a que esperas para pasar pola d’Mara?