Cooperativa Xallas
Imos falar dunha empresa ben coñecida por todos aqueles da contorna que están relacionados co sector agrícola ou gandeiro, pero hoxe queremos ir máis alá e abrirvos as súas portas ao resto de veciños.
Falamos da 𝗖𝗼𝗼𝗽𝗲𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮 𝗫𝗮𝗹𝗹𝗮𝘀 que é a fusión da responsabilidade, versatilidade e fiabilidade aplicadas a todos os seus proxectos a través dun gran equipo de profesionais, comprometidos para ofrecer un servizo da máis alta calidade e competitivo no mercado.
Con esta filosofía, naceu no 1973 a Cooperativa Xallas e esa mesma filosofía é a que lle permite seguir medrando e afrontando con éxito os retos que lle plantexan uns mercados cada vez máis esixentes.
Como vos diciamos ó comezo, hoxe queremos que coñezades un pouco máis deles e ímosvos presentar o Super da Xallas, un pequeno economato con diferentes seccións no que calquera pode comprar, xa que ó contrario do que moitos pensan, non fai falta ser socio para mercar no Super da Xallas e beneficiarse das súas vantaxes.
Nel poderedes atopar:
- Sección alimentación: con variedade de produtos a moi bo prezo.
- Sección fogar: con produtos e utensilios de limpieza, algúns en formato grande.
- Sección ferretería: ferramenta e repostos para vehículos agrícolas.
- Sección de xardineria: material froiteiras e sementes.
- Sección textil: roupa e calzado de traballo, e as mellores marcas de calcetíns.
- Sección mascotas: pensos para os nosos amigos peludos.
- Sección xogueteria: tractores e apeiros para os máis peques.
Animádevos a facerlles unha visita e a descubir todo o que a Cooperativa Xallas vos pode ofrecer!