Churrería Sandra

Hoxe falamos dunha empresa que leva preto de 10 anos formando parte da nosa asociación e que moitos coñeceredes, xa que son os encargados de darvos a benvida en cada unha das feiras que organiza a nosa entidade.
Falamos de Churrería Chocolatería Sandra, un posto de venta ambulante no que se elaboran e se comercializan churros e rosquillas, entre outros produtos, elaborados de maneira artesanal que continúan coa tradición de varias xeracións.
O seu legado e receitas débenllas aos seus avós, xa que son xa a cuarta xeración de churreiros. A herdanza dos seus maiores permítelles ofrecer o mellor produto coas mellores materias primas, como figura nas receitas tradicionais transmitidas de xeración en xeración, das que son salvaguardas e transmisores.
Nunca olvidan de onde veñen e síntense moi orgullosos diso, pero sen deixar nunca atrás a elaboración artesanal, enfócanse na filosofía de produto primando neles a innovación e o desenvolvemento, ofrecendo novos catálogos de produtos sempre inspirados na tradición, pero incorporando novas delicias de creación propia, coma o bocachurro salgado recheo de marmelada de pementos de Padrón ou do piquillo.
Así mesmo, a súa maneira de enfocar a actividade como empresa permítelles a máxima versatilidade á hora de ofrecer un servizo directo e de calidade para os teus eventos, xa que nos seus inicios centráronse só na venta ambulante en mercados municipais pero a día de hoxe ampliaron o seu servizo a outros eventos (festas locais, festivales, feiras, bodas, eventos de empresa, celebracións particulares, etc.) cos mellores produtos de repostería tradicional de toda a vida, adaptándose á estética, caracterización ou posta en escena que se requira.
Sempre co obxectivo de proporcionar a mellor calidade e obter a satisfacción do cliente, e facendo fincapé na implantación e aplicación das medidas de seguridade e hixiene máis rigurosas para os seus produtos e clientes, están preparados para novos retos!
A súa especialidade son as chocolatadas con churros pero podes botar un ollo na súa web www.churreriasandra.com se queres coñecelos un pouco máis ou ver todo o que poden ofrecer.