Citania Interiorismo
A empresa da que vos falamos hoxe iniciou a súa andadura no ano 2012, cunha idea de negocio un pouco diferente á que teñen actualmente. 𝗖𝗶𝘁𝗮𝗻𝗶𝗮 𝗶𝗻𝘁𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿𝗶𝘀𝗺𝗼 naceu centrada principalmente no aspecto tenda de decoración e non tanto nos proxectos de interiorismo, xusto o contrario do que pasa na actualidade, xa que o seu estilo de traballo levounos a buscar solucións personalizadas e adaptadas a cada cliente.
Actualmente traballan máis como estudo de interiorismo que como un comercio; este aspecto incluso os levou a modificar a súa maneira de atención, xa que agora traballan con cita previa para adaptarse mellor ás circunstancias de cada cliente e tamén porque na maioría das ocasións as reunións se realizan na propia vivenda ou local comercial do cliente.
Aínda que fan traballos en locais comerciais, o seu punto forte é a vivenda, na que poden facer desde traballos pequenos (enrollables, cortinas, papel pintado, etc. do que teñen un amplio catálogo a escoller) ata amoblamentos ou grandes proxectos de interiorismo, como son as reformas integrais chave en man, nas que traballan man a man con todos os gremios necesarios para poder executar a obra (albanel, electricista, carpinteiro, etc.)
Cada vez máis, o seu traballo estase volvendo unha inversión, xa que os seus clientes buscan unha tranquilidade na realización da obra. Ter claros todos os pasos que hai que seguir, diseños lóxicos e funcionais, rapidez na realización da obra e tamén un orzamento final pechado.
Se queres contactar con eles para calquera dúbida ou para concertar unha cita, podes atopalos no nº1 baixo da Avenida de Mourelle, ou a través do teléfono 625 85 65 38 e no mail info@citaniainteriorismo.com