Clínica Veterinaria Guvet

Hoxe falamos dunha empresa que fai tan só 3 anos que abriu as súas portas no noso concello, pero que tivo unha gran acollida.

Falamos da Clínica Veterinaria Guvet, unha empresa que traballa os 365 días do ano diagnosticando, tratando e velando sempre pola saúde e seguridade das nosas mascotas.

No seu interior contan actualmente con un equipo de catro persoas, no que dúas delas, Sindo (veterinario e xerente da empresa) e Ana (Auxiliar Técnico Veterinario e perruqueira canina), teñen un longo percorrido no sector, xa que contan con máis de 20 anos de experiencia; e ó seu carón están Mar (veterinaria) e Rocío (Auxiliar Técnico Veterinario), dispostas a seguir os seus pasos. Todos eles contan co equilibrio necesario entre a profesionalidade e a humanidade, co obxectivo de proporcionarlle aos animais o mellor de cada un deles, describindo a súa profesión como vocación, conexión, empatía, forza e emocións.

A clínica dispón dunha ampla variedade de servizos, entre os que se atopan a cirurxía xeral, laboratorio de análisis clínico, traumatoloxía, diagnóstico por imaxe, odontoloxía e perruquería canina e felina entre outros.

Un servizo que queremos destacar como un dos máis importantes son as consultas a domicilio e as de urxencia, xa que están sempre dispostos a proporcionarlle aos seus clientes o que requiran ou precisen, aportando a tranquilidade de saber que, en calquer situación de emerxencia, poden contar coa axuda destes profesionais.

Podes atopalos no número 45 da Avda. de Santiago, e para calquera consulta de urxencia no teléfono 667 416 750.