Comeza a campaña de rascas de nadal

Hoxe, 16 de decembro, comezamos coa Campaña de Rascas de Nadal que rematará o 8 de xaneiro.

Máis de 80 locais participantes que identificarás grazas ás pegatinas e carteis instalados nas súas cristaleras e portas.

Durante 3 semanas, consegue os teus rascas, de maneira gratuíta, optando a un dos máis de 1.000 premios que se recollerán nas oficinas do noso ente dende o 10 de xaneiro ata o 15 de febreiro.
  • Máis de 40 Cestas variadas
  • 2.000 euros en vales de compra
  • Multitude de produtos doados polos nosos asociados…

Neste nadal, mercar en Santa Comba ten premio.

Escaparate rascas de nadal