Concurso de pintura da asociación de empresarios de Santa Comba

Concurso para o alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria, encadrado dentro da segunda edición de Santa Comba en Cores, por medio do cal, grazas ás doazóns de empresarios, asociacións e particulares, embeleceremos unha fachada e 6 muros do noso Municipio.

Agradecementos a Adiante Galicia pola difusión e profesorados dos centros educativos participantes.

A asociación de empresarios de Santa Comba organiza un concurso de pintura, no que participan alumnos de 5º e 6º de primaria do CEIP Barrié de la Maza, CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Inmaculada e do CEIP Pepe de Xan Baña.