Convenio de colaboración con Deportes Amarelle

Coa firme intención de mellorar os servizos aos socios, continuamos cos CONVENIOS na Asociación de Empresarios de Santa Comba.

A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de asinar un convenio de colaboración coa empresa Deportes Amarelle, ubicada na Rúa Pontevedra Nº 23 Baixo, en Santa Comba.

Por medio deste convenio, as empresas asociadas disporán dun descontó do 5% en tódolos produtos a venta na tenda.

Este desconto é acumulable con outras ofertas.

 

Os/as interesados/ as poderán contactar coa empresa no seguinte contacto: 981 880 019

 

amarelle_convenio 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará