Convenio de colaboración con Lavandería Frescor

Coa firme intención de mellorar os servizos aos socios, continuamos cos CONVENIOS na Asociación de Empresarios de Santa Comba.

A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de asinar un convenio de colaboración coa empresa LAVANDERÍA FRESCOR, ubicada na Avda. de Brasil nº 20 en Santa Comba.

Por medio deste convenio, as empresas asociadas disporán dunha oferta por mercar un bono de 20€ no cal agasallan cun 1€ máis a canxear nos servizos de lavandería que presta no seu establecemento, mostrando a tarxeta xenérica de convenios.

Para mercar o bono, previamente hai que poñerse en contacto no seguinte teléfono 622 591 521.

Este desconto non é acumulable con outras ofertas.

Convenio lavandería Frescor 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *