Convenio de colaboración con Mercería Mercedes

Coa firme intención de mellorar os servizos aos socios, continuamos cos CONVENIOS na Asociación de Empresarios de Santa Comba.

A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de asinar un convenio de colaboración coa empresa Mercería Mercedes, ubicada na Rúa Ferradura Nº 3 en Santa Comba.

Presentando a tarxeta de convenios, Mercería Mercedes realizará un desconto do 10% en tódolos produtos á venda no seu establecemento.

Este desconto será acumulable con outras ofertas.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará