Convenio de colaboración con Neumáticos Tino
Coa firme intención de mellorar os servizos aos socios, continuamos cos CONVENIOS na Asociación de Empresarios de Santa Comba.
A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de asinar un convenio de colaboración coa empresa Neumáticos Tino, ubicada no Polígono Empresarial nº 36 en Santa Comba.
Por medio deste convenio, as empresas asociadas disporán dun descontó en neumáticos, alineacións e mantemento, mostrando a tarxeta xenérica de convenios, nas seguintes condicións:
- Neumáticos de calqueira marca e medida: 5€ de desconto por neumático reflexado en factura (MINIMO 2 UNIDADES MAXIMO 8 UNIDADES POR DNI).
- Alineacións: 5€ de desconto por alineación reflexado en factura (MAXIMO 3 ALINEACIÓNS POR DNI).
- Mantemento: 8€ de desconto en cambios de aceite (UNICAMENTE EN MANTEMENTOS QUE SE INCLÚAN COMO MINIMO 1 FILTRO Máximo 2 MANTEMENTOS por DNI).
Este desconto é acumulable con outras ofertas.
Ademáis podes beneficiarte dende hoxe ate o 15 de outubro dos Días Redondos Michelín pola compra de neumáticos para turismo e suv e ata o 30 de novembro pola compra de neumáticos para furgóns e furgonetas, poidendo gañar ata 80€ en carburante.
Os/as interesados/ as poderán contactar coa empresa no seguinte contacto: 981 936 170