Convenio de Colaboración con PSI Terapia e Formación e Máns Artesáns
CONVENIOS
A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de asinar un convenio de colaboración con PSI TERAPIA E FORMACIÓN e MÁNS ARTESÁNS, empresas asociadas e ubicadas na Rúa Miraflores nº 17, entrechán B, en Santa Comba.
PSI Terapia e Formación presta servizos de apoio educativo a nenos con problemas de aprendizaxe, reeducación de trastornos de lectura e escritura, TDAH e problemas de conducta. Adicada tamén a xestión de actividades educativas e de ocio para ANPAS, Concellos, clases extraescolares, campamentos, obradoiros, reforzo escolar e cursos de formación permanente.
Realizará un desconto do 10% , a tódalas empresas que forman parte da nosa Asociación, nos servizos de “reforzo educativo e atención psicoeducativa en trastornos da aprendizaxe”. Este desconto non será acumulable a outros que poida haber no seu momento (como o desconto para os socios da ANPA).
En canto a Máns Artesáns ofrecerá un desconto do 10% en cursos de formación online ou presencial aos socios da Asociación de Empresarios de Santa Comba, así como en produtos realizados por Mans Artesáns.
Podes consultar tódolos convenios da nosa Asociación nesta web www.empresariosdesantacomba.com