Renovación convenio de colaboración con Los Ángeles Gas

Coa firme intención de mellorar os servizos aos socios, continuamos cos CONVENIOS na Asociación de Empresarios de Santa Comba.

A nosa entidade ven de renovar o convenio de colaboración coa empresa LOS ANGELES GAS, ubicada na Avda. de Brasil s/n en Santa Comba.

Por medio deste convenio, as empresas asociadas obterán un desconto de 8 céntimos de €uro por litro de gasoil para turismos (Ive Incluído), 9 céntimos de €uro por litro de gasoil para furgóns e camións (Ive Incluído) e 10 céntimos en diesel Óptima para turismos (Ive Incluído), en tódalas estacións de servizo do grupo presentando a súa tarxeta Lag Infinity, que poderán solicitar a través da nosa Asociación.

Os socios que teñan a tarxeta VISA CEPSA “Porque Tú Vuelves” poderán acumular os descontos en ámbalas dúas tarxetas (visa cepsa + los ángeles gas) en calquera estación cepsa do grupo.

***Estos descontos adicionais poden ser variables en función das promocións da petrolera en cada momento.

Se estás interesado en realizar un convenio coa nosa Asociación podes contactar coa Asociación de Empresarios de Santa Comba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *