Deportes Amarelle, realizará un desconto aos asociados dun 5% en tódolos produtos á venda no seu establecemento.
Este desconto non é acumulativo con outras ofertas nin prezos especiais.
Información: 981 88 00 19
or medio deste convenio, as empresas asociadas disporán dun 5% de desconto en tódolos produtos á venda no seu establecemento físico.
Información: 981 549 143 – 671 661 920
As empresas asociadas disporán dunha oferta por mercar un bono de 20€ no cal agasallan cun 1€ máis a canxear nos servizos de lavandería que presta no seu establecemento.
Para mercar o bono, previamente hai que poñerse en contacto no seguinte teléfono:
622 591 521

Xeitoso é unha empresa de nova creación adicada ao desenvolvemento de webs, redes sociais, multimedia e audiovisual.
Por medio deste convenio, as empresas asociadas disporán dun desconto dun ano de aloxamento e dominio gratuíto na realización de novas páxinas web e a opción de pago a prazos da web de ata 12 mensualidades.
Estos descontos non son acumulables con outras ofertas.
Os/as interesados/ as poderán contactar coa empresa no seguinte contacto: 606 852 855
Seguros M. Vieito, ofrece seguros adaptados a calquera tipo de actividade empresarial. Dende autónomos, PEMES ata grandes empresas, ofrecendo seguros de accidentes na empresa, caución, Pemes e Comercio, Responsabilidade Civil da empresa, autos, baixas, agroseguro…e alta rentabilidade para aforro e inversión.
Seguros M. Vieito comprométese a realizar un desconto do 35% nos seguros antes mencionados, en novas contratacións, ás empresas asociadas da Asociación de Empresarios de Santa Comba, así mesmo adaptarase ás necesidades das empresas en materia de seguros para unha mellor cobertura de riscos.
Máis información: 981 880 413
A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de asinar un convenio de colaboración coa empresa EXTINCAR CLIMA, ubicada en Mourelle nº 6 en Santa Comba.
Por medio deste convenio, as empresas asociadas disporán dun 5% de desconto nas novas instalacións de aire que realice, mostrando a tarxeta xenérica de convenios.
Este desconto non é acumulable con outras ofertas.
Os/as interesados/ as poderán contactar coa empresa no seguinte contacto: 663 870 828.

Coa firme intención de mellorar os servizos aos socios, continuamos cos CONVENIOS na Asociación de Empresarios de Santa Comba.
A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de asinar un convenio de colaboración coa empresa Neumáticos Tino, ubicada no Polígono Empresarial nº 36 en Santa Comba.
Por medio deste convenio, as empresas asociadas disporán dun descontó en neumáticos, alineacións e mantemento, mostrando a tarxeta xenérica de convenios, nas seguintes condicións:
- Neumáticos de calqueira marca e medida: 5€ de desconto por neumático reflexado en factura (MINIMO 2 UNIDADES MAXIMO 8 UNIDADES POR DNI).
- Alineacións: 5€ de desconto por alineación reflexado en factura (MAXIMO 3 ALINEACIÓNS POR DNI).
- Mantemento: 8€ de desconto en cambios de aceite (UNICAMENTE EN MANTEMENTOS QUE SE INCLÚAN COMO MINIMO 1 FILTRO Máximo 2 MANTEMENTOS por DNI).
Este desconto é acumulable con outras ofertas.
Ademáis podes beneficiarte dende hoxe ate o 15 de outubro dos Días Redondos Michelín pola compra de neumáticos para turismo e suv e ata o 30 de novembro pola compra de neumáticos para furgóns e furgonetas, poidendo gañar ata 80€ en carburante.
Os/as interesados/ as poderán contactar coa empresa no seguinte contacto: 981 936 170

Infozone Ordenadores comprométese a realizar un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba nun 5% no servicio técnico de ordenadores nas empresas, consultoría, etc…, venda de equipos informáticos e consumibles.
Máis información: 981 881 394
A empresa E.S. Santa Comba L.A.G. Xallas S.L. comprométese a realizar un desconto aos integrantes da Asociación de Empresarios de Santa Comba de 8 céntimos de €uro por litro de gasoil (Ive Incluído) para turismos e 9 céntimos de €uro por litro de gasoil (Ive Incluído) para furgóns e camións. En tódalas estacións de servizo do grupo, que se detallan a continuación (*listado adxunto).
No caso de empresas socias con grandes flotas de camións o desconto a aplicar será tratado de forma individualizada.
Segunda: A empresa E.S. Santa Comba L.A.G. Xallas S.L. comprométese a entregarlle a cada asociado interesado no desconto unha tarxeta e nela estará o logo da nosa entidade.
Maís información José Manuel 630 248 722
PSI presta servizos de apoio educativo a nenos con problemas de aprendizaxe, reeducación de trastornos da lectura e escritura, TDAH, problemas de conducta. Adicase tamén á xestión de actividades educativas e de ocio para ANPAS, Concellos, clases extraescolares, campamentos, obradoiros, reforzo escolar e cursos de formación permanente.
PSI comprométese a facer un desconto do 10% nos servizos de “reforzo educativo e atención psicoeducativa en trastornos da aprendizaxe” aos socios da Asociación de Empresarios de Santa Comba.
Este desconto non será acumulable a outros que poida haber no seu momento (como o desconto para os socios da ANPA).
Máis información no teléfono 690 202 793
Máns Artesáns Máns Artesáns ofrecerá un desconto do 10% en cursos de formación online ou presencial aos socios da Asociación de Empresarios de Santa Comba, así como en produtos realizados por Mans Artesáns.
Máis información no teléfono 690 202 793
Supermercado Prol comprométese a realizar un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba nun 3% en tódolos produtos á venda no supermercado. Este desconto non é acumulable.
Máis información no teléfono 981 880 097
Xoguetiños realizará un desconto do 5% a tódalas empresas asociadas en tódolos produtos á venda no seu establecemento.

Deportes P Alvite realizará un desconto dun 8% en tódolos produtos á venda no seu establecemento aos socios da Asociación de Empresarios.
Este desconto non é acumulable con outras ofertas.
Máis información no teléfono 981 881 172
Ler Librerías aplica un desconto do 15% en material de oficina (archivadores, cartulinas, folios, bolígrafos, calculadoras, tacos notas, grapadoras, etc….. Para a adquisición de libros realizará un desconto do 5% ao igual que a xogos didácticos nese mesmo porcentaxe.
Ler Librerías visitará ás empresas que así o soliciten no caso de que o volume de compra en material sexa para grandes cantidades. Desta maneira aplicará un desconto distinto, previa consulta á xerencia.
Máis información no teléfono 981 881 333
A empresa AutoXallas aplica un desconto do 20 % en concepto de man de obra e de igual porcentaxe en alineados de dirección.
Máis información no teléfono 981 881 308
Seguros Roberto Mouro S.L.U. realizará un desconto na realización de novas pólizas cos seguintes descontos, nos seguros de:
Fogar, Comercios, Comunidades, RC preferente, RC condicionado 30%, Auto 27%, Pemes 20%, Accidentes (individual, colectivo e convenios) 15% e Vida risco 10%.
Estos descontos son aplicables aos socios, nas axencias Reale de Santa Comba e Baio.
Axencia Santa Comba 981 88 05 07 – 629 34 70 39
Axencia Baio 981 71 81 47
Recarey Materiais de Construción. realizará un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba dun 5% sobre tarifa pvp. en tódolos produtos á venda no seu establecemento. Este desconto non é acumulable con outras ofertas nin prezos especiais.
Maís información: 981 89 39 23 – 620 14 95 89
María Fernández Serrano Procuradora dos Tribunais, aplicará un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba que precisen da representación dun procurador en procedementos xudiciais:
5% de desconto (sen poder para pleitos)
10 % de desconto (con poder para pleitos)
Máis información: 881 957 501 ou 686 440 381, www.serranoprocuradores.es
Pisotones, realizará un desconto aos asociados dun 10% en tódolos produtos á venda no seu establecemento. Este desconto non é acumulativo con outras ofertas nin prezos especiais.
Máis información no seguinte contacto: 981 88 03 47.
ONDA HIT—FÓRMULA HIT oferta aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba un desconto do 20% sobre a tarifa comercial vixente de prezos ,en grabación e edición de cuñas tipo 30”.
AREA DE COBERTURA: 98.2 FM (Viveiro, Ferrol, Coruña, Lugo), 93.7 FM (Arteixo), 97.8 e 92.9 FM (Carballo, Bergantiños, Val do Dubra e Ordes), 105.6 FM (Ponteceso, Cabana e Laxe), 106.5 (Zas, Santa Comba), 100.1 (Vimianzo), 103.6 FM (Cee, Carnota, Muxía, Camariñas, Corcubión e Fisterra)
Máis información: 609 829 771
A avogada MARIA LUISA AROSA BARBEIRA e a Asociación de Emrpesarios de Santa Comba, asinaron un convenio de colaboración en virtude do cal os nosos socios beneficiaranse dunha consulta gratuíta, así como a redacción dun burofax para a reclamación de deudas a morosos, tamén gratuíta.
Así mesmo, os socios interesados na contratación dos servizos profesionais de asesoramento xurídico e dirección letrada, beneficiaranse dun desconto do 20 % a aplicar sobre os criterios orientadores de honorarios do Ilustre Colexio de Avogados.
Máis información: 981 525 554
PREVENSYSTEM é unha compañía de ámbito nacional, formada por un equipo multidisciplinar de expertos en consultoría, formación e xestión empresarial especializada en Prevención de Riscos Laborais e en Seguridade e Saúde Laboral.
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA acaba de asinar un convenio de colaboración con PREVENSYSTEM en virtude do cal os nosos socios beneficiaranse dun 30 % de desconto sobre o concepto de especialidades técnicas no Servizo de Prevención alleo que teñan en vigor na actualidade.
En canto a especialidade de Vixiancia da Saúde, o prezo acordado é de 10 € por traballador ó ano, se non se realiza recoñecemento médico,e 48,25 € no caso de que o traballador realice o recoñecemento, sempre e cando o precontrate no momento de realizar o contrato.
Máis información: Telf. 881 879 534 / Móv. 629 860 335
Almacenes Seromavi, aplicará un desconto aos asociados dun 20% en tódolos produtos á venda no seu establecemento. Este desconto non é acumulable con outras ofertas nin prezos especiais.
Venda de materiais de construción, baños, plaquetas, azulexos… Distribuidor de Porcelanosa, Grespania, Griferías Tres, Hergom, Resigres platos de ducha, Greferías Imex, etc…
Óptica Xallas realizará un desconto aos asociados dun 15% en tódolos produtos á venda no seu establecemento. Este desconto non é acumulable con outras ofertas ou convenios.
FROITERÍA HORTASA, empresa asociada e ubicada na Rúa Ferradura nº 1 (esquina coa Avda. Alfonso Molina) en Santa Comba, realizará un desconto aos asociados dun 5% en produtos de produción propia de tempada. Desconto aplicable con outras ofertas.
ELECTRODOMÉSTICOS ÁNGEL, empresa asociada e ubicada na Rúa Coruña nº 19 en Santa Comba.
Electrodomésticos Ángel, realizará un desconto aos asociados dun 10% no servizo de reparación de electrodomésticos.
Os/as interesados/ as poderán contactar coa empresa no seguinte contacto: 981 939 417.
A FRUTERÍA, empresa socia e ubicada na Rúa Xosé Ferrero nº 25 en Santa Comba.
Realiza un desconto aos asociados dun 5% en tódolos produtos á venda no seu establecemento.
Este desconto non é acumulable con outras ofertas.
Máis información no seguinte contacto: 981 88 12 51.
LODY MODA E CORTINAS, empresa asociada e ubicada na Avda. de Galicia nº 22 en Zas.
Aplica un desconto aos asociados dun 5% en tódalas prendas de roupa á venda no seu establecemento.
Este desconto non é acumulable con outras ofertas.
DUMAR 1980, empresa asociada e ubicada na Avenida Tomé Taboada nº 9 en Santa Comba.
As empresas asociadas disporán dun 10% de desconto en tódolos produtos á venda no seu establecemento.
Este desconto non é acumulable con outras ofertas.
LÚA MODA, empresa socia ubicada na Rúa Fonte do Carme nº 1 en Negreira, disporá dun 10% de desconto en tódalas prendas de nova colección á venda no seu establecemento, mostrando a tarxeta xenérica de convenios.
Este desconto non é acumulable con outras ofertas.
Información no seguinte contacto: 981 885 689.
Agrozona, empresa socia ubicada na Rúa Rosalía de Castro nº 8 de Santa Comba, aplicará un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba dun 10% en penso de cans super pepe Premium en saco de 20 kg e dun 5% en penso de cans super pepe en saco de 20 kg e saco de 15 kg. de carbón especial hostalería.
Estos descontos non son acumulables con outras ofertas.
Información no seguinte contacto: 684005405.
Ó abeiro do convenio asinado entre ABANCA e a Asociación de Empresarios de Santa Comba, as empresas asociadas dispoñen de condicións moi competitivas en opcións de financiamento: pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais, liñas de desconto comercial e servizos de banca electrónica.
Os empresarios asociados beneficiaranse das tarifas personalizadas na alta e mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán acceder ás ventaxas que ofrece a Conta Solucións Autónomos e Pemes.
Máis información: 981 880 050
En virtude do convenio asinado entre CEPSA e a Asociación de Empresarios de Santa Comba, os nosos asociados disfrutarán de diversos descontos a través dos seguintes produtos:
TARXETA CEPSA STAR: Desconto de 6 céntimos/litro (Diésel Star e Gasolina) e 7,2 céntimos /litro en Diesel Óptima. Cota de mantemento de 9 €/ano, sendo o primerio ano gratuíta. Precisa dun aval bancario segudo o consumo.
Tarxeta compatible coas Tarxetas de fidelización que ofrece CEPSA.
TARXETA CEPSA STAR DIRECT: Desconto de 6 céntimos / litro (Diesel Star e Gasolina e 7,2 céntimos/litro en Diesel Óptima. Tarxeta gratuíta que non precisa garantías bancarias.
Compatible coas tarxetas de fidelización que ofrece CEPSA.
Máis información: E.S. CEPSA Santa Comba: 981 880 391 – 605 545 741
En virtude do convenio asinado entre a nosa Asociación e “La Caixa”, esta entidade ofrece aos nosos asociados condicións ventaxosas nos seguintes produtos:
Financiación (préstamos persoais, conta crédito, desconto comercial, renting)
Solucións para emprendedores ( a Obra Social lanza unha axuda de 450 € para xóvenes autónomos)
Unha proposta ampla en TPVs (sen mantemento para os nosos asociados)
Servizos bonificados na “Conta Negocio”
Tarxetas con ventaxas específicas para autónomos
Máis información: 881 030 950
CONVENIO ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA rbsoluciones
CONVENIO DE COLABORACIÓN AGAFAN (ASOCIACIÓN GALEGA DE FAMILIAS NUMEROSAS) e ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA
A Asociación de Empresarios de Santa Comba e a Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN) veñen de asinar un acordo de colaboración en virtude do cal as familias numerosa asociadas a AGAFAN terán dereito a descontos directos en tódalas compras que realicen nas empresas adheridas como entidades colaboradoras, procedentes de distintos sectores.
Para que o desconto se faga efectivo será necesario que os socios de AGAFAN se identifiquen como tales presentando nos establecementos adheridos o carné en vigor “Plan+Familia” que emite AGAFAN e que os acredita como membros da Asociación.
Ambas entidades afirman que este tipo de medidas fomenta o comercio local, supoñen un aforro importante para as familias e favorece o asentamento e a natalidade na comarca.
ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS COMO ENTIDADES COLABORADORAS A TRAVES DESTE CONVENIO
- DEPORTES ALVITE
- CITANIA INTERIORISMO
- VICTOR INFOZONE
- FOTO TECA
- TALLERES CONSTANTINO AMIGO
- PSI TERAPIA E FORMACIÓN
- LOIS
- CLINICA MEDICO DENTAL J. MANUEL POSE RODRIGUEZ
- LA REPRO SANTA COMBA
- OPTICA POSE
- OPTICA XALLAS
- ORTOPEDIA DO XALLAS
- PEKENOS MODA INFANTIL
- PELUQUERÍA JOSEFA
- ALMACENES SEROMAVI
- CENOR SANTA COMBA
ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS ANTES DE ASINAR ESTE CONVENIO
- LER LIBRERÍAS
- PISOTONES
- ARCO IRIS
** As empresas colaboradoras así como os descontos que ofrecen ás familias numerosas pódense consultar no web de AGAFAN: www.agafan.org
CLÁUSULA DE EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE
A Asociación de Empresarios de Santa Comba non será responsable, nin directa, nin indirecta, nin subsidiariamente, dos danos e perxuizos de calquer natureza que para un/aasociado/a ou varios/as asociados/as da asociación, poidan derivarse do incumprimento por parte de outro asociado/a ou colaborador non asociado, das obrigas asumidas por éste coa asociación, a través do respectivo convenio de colaboración firmado entre ambos. En especial, non será responsable a Asociación de Empresarios de Santa Comba, do incumprimento por parte dun asociado/a ou colaborador non asociado, da obriga asumida polo mesmo de reducir en determinada porcentaxe o custo efectivo dos servicios que lle sean solicitados por outros asociados/as, así como o incumprimento de calquer outro beneficio que para cos asociados/as da Asociación se houbese comprometido coa firma do respectivo convenio de colaboración.
A Asociación de Empresarios de Santa Comba resérvase o dereito de esixilo cumprimento das obrigas incumpridas por parte de calquer asociado/a ou colaborador non asociado, empregando se fose menester as accións xudiciais pertinentes, ou ben de sancionalo/ade maneira automática coa súa exclusión da asociación.