Aprazado Curso Aplicador Manipulador de Produtos Fitosanitarios

INFO: Debido á falta de inscripcións queda aplazado ata nova data o Curso de Aplicador Manipulador de Produtos Fitosanitarios. Xa informaremos das novas datas de celebración. Perdoade as molestias. 

Asociación de Empresarios de Santa Comba organiza un Curso de Manipulación de Produtos Fitosanitarios en Colaboración coa Oficina Agraria de Santa Comba.

Este curso está subvencionado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e é gratuíto asistir, só hai que pagar as taxas para solicitar posteriormente o Carnét.

Terá unha duración de 27 horas lectivas dende o xoves 18 ata o xoves 25 de agosto en horario de 15:00 a 19:00 h. na Aula de Formación da sede da nosa Asociación (Rúa Pontevedra nº9 – entrechán).

Máis info no 981818604 ou 633181817 (de 10:00 a 14:00 h.)

curso fitosanitarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *