Curso de corte de xamón

O vindeiro mércores día 4 de Maio, a Asociación de empresarios, organiza un curso de Corte de xamón da man do actual Campión de España Jorge Díaz Borreguero.

O Curso disporá dunha pequena parte de teoría e unha parte máis extensa de práctica, e impartirase nas instalacións do Hotel Xallas desde as 10:00 ás 14:00 e de 16:00 a 20:00.

Ofertaranse 10 prazas con un coste de 30 euros, exclusivas para empresas asociadas, onde daremos prioridade aos socios do sector hostelero.

Jorge dispón de varios títulos nacionais e internacionais e de seguro será unha formación proveitosa para os nosos asociados.

Agradecementos pola súa colaboración á Deputación da Coruña, Landvinum, Ibéricos Covab e Grupo de Cortadores de Xamón ( Art D’ Corte).