Curso de decoración de nadal

Curso de decoración de nadal nas oficinas da Asociación de empresarios de Santa Comba.
Na tarde-noite do venres, 17 de decembro, celebramos un curso de decoración da man de Inés Castro, xerente do Grupo Quercus.
O curso tivo unha duración de algo máis de duas horas e ao rematar, a propia Inés Castro , vogal da Asociación e Mari, administrativa do noso ente, entregaron os diplomas acreditativos e un detalle para a profesora.
Debido ás restricións actuais, só ofertamos 10 prazas co fin de cumprir a normativa actual, porén moitos interesados non poideron participar.
 
Moitas gracias a tódolos participantes e esperamos que sexa moi productivo para os vosos negocios.