Curso de Iniciación a internet

A Asociación de Empresarios xunto á empresa socia Victor Infozone, vai levar a cabo un Curso de Formación de Iniciación a internet.

O curso terá unha duración de 12 horas, comezará o  luns 28 de novembro e rematará o 22 de decembro.

Impartirase os luns e xoves de 20:30 a 22:00 h. na aula de formación sita na sede da entidade, Rúa Pontevedra 9 entrechán de Santa Comba.

O prezo do curso son 50 euros e para os socios da Asociación de Empresarios 40 euros.

É necesario inscribirse para asistir ao curso e a data límite para facelo será o venres 25 de novembro, podes anotarte a través do correo electrónico a correo@empresariosdesantacomba.com, whatsapp 633181817 ou chamando ao 981818604 de 10 a 14 horas.

 

cartel-curso-informatica

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *