Curso de Paquetería – Decembro 2020
CURSO DE PAQUETERÍA
Os días 11 e 12 de decembro organizamos un Curso de Paquetería da man de Máns Artesáns, empresa asociada.
O curso realizarase de 20:00 a 22:00 h. nas instalacións da sede da Asociación de Empresarios de Santa Comba.
Curso gratuíto para socios e 30 euros por sesión para non socios, contando só con 5 prazas por cada unha das sesións.
Os interesados deberán de reservar a súa praza nos contactos do carteliño.