Curso de tiraxe de cervexa

Curso de Tiraxe de Cervexa, nas oficinas da Asociación de empresarios de Santa Comba.

O xoves, 16 de decembro, celebrouse un curso de tiraxe de Cervexa da man de Laura Martínez, campioa de Galicia e subcampioa de España desta modalidade.

O curso compredeu dunha parte teórica e outra práctica e trala súa finalización, o
vicepresidente e a secretaria do noso ente, entregaron os diplomas acreditativos e un detalle para Laura.

Debido ás restricións actuais, só ofertamos 10 prazas co fin de cumprir a normativa actual, porén moitos interesados non poideron participar.

Moitas gracias a tódolos participantes e a Carbónicas Landeira por regalarnos o barril de cervexa. Esperamos que sexa moi productivo para os vosos negocios.