Formación: Iniciación as redes sociais – Cartelería dixital
Continuamos ofertando cursos formativos para os nosos asociados.
A continuación enviamos información sobre dous cursos presenciais que levaremos a cabo o 6 e 7 de xullo na aula CeMIT do Edificio Multiusos, dende as 20:30 ata as 22:30h., nos cales poderán participar empresas de tódolos sectores.
Formación gratuíta con preferencia para os asociados.
Para ambos cursos dispomos de 12 prazas e o docente fará un seguimento nas semanas posteriores á realización do mesmo.
Iniciación ás redes sociais para empresas: aprende a distinguir as redes sociais e as súas posibilidades, xestiona as túas contas. Conceptos básicos nos teus anuncios e seguimento nas semanas posteriores.
Cartelería dixital básica: boas prácticas no deseño de imaxes e contidos. Ferramentas on-line para edición e creación de imaxes.
Prazo de inscrición ata o 25 de xuño ás 11:00h. a través de correo@empresariosdesantacomba.com