Deportes P Alvite

Hoxe falamos de 𝗗𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗲𝘀 𝗔𝗹𝘃𝗶𝘁𝗲, empresa rexentada por Orlando Pérez Alvite que despois de estar vencellado futbolísticamente a varios equipos da contorna, comezou a súa andadura en maio de 1995, abrindo as portas de Deportes P Alvite no nº 1 da Avenida Alfonso Molina.

A piques de cumprir os 28 anos, Deportes Alvite é un establecemento de gran traxectoria no seu sector, unha tenda de produtos deportivos e moda na que poderedes atopar gran variedade de roupa, calzado e complementos das mellores marcas.

Ofrecen servizo tamén a distintas entidades e colectivos deportivos e doutra índole e ao longo destes anos, colaboraron con gran cantidade de actividades deportivas e culturais.

No ano 2015, abriu unha segunda tenda no concello de Vimianzo e recentemente, en agosto do 2022, un novo punto de venta en Santa Comba no 22 da Rúa Lugo, Atleet Deportes Alvite.

Dispoñen dun amplio stock de artigos que cubrirán as tuas necesidades para a práctica do teu deporte favorito ou para ir á última en moda deportiva.

Desde Deportes Alvite tratan de ofrecer unha atención personalizada e cordial, traballando sempre con profesionalidade, compromiso e dedicación.

Visítaos en calquera das súas tres tendas para descubrir a súa ampla variedade de produtos das mellores marcas ao mellor prezo, ou tamén a través da súa páxina web www.deportespalvite.com onde dispoñen de servizo de venta online.