DÍAS AZUIS

En Santa Comba repartiuse un premio da campaña de Días Azuis que tivo lugar entre o 5 e o 25 de Xuño, organizada pola Federación Galega de Comercio.

A afortunada é Lucía Fernández Domínguez que mercou en Deportes Alvite – Atleet, e foi premiada cunha tarxeta prepago por valor de 150€.

Dende a Federación poñeranse en contacto coa nosa entidade para organizar e formalizar a entrega do premio.

Noraboa á gañadora e gracias a todos os establecementos comerciais e consumidores que participaron na campaña Días Azuis.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *