Días azuis


A partir do próximo luns volven os Días Azuis!

A Asociación de Empresarios de Santa Comba colabora na campaña “Días Azuis do Comercio Galego” sendo unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.
Entre o 𝟏𝟎 𝐞 𝐨 𝟑𝟎 𝐝𝐞 𝐗𝐮𝐧̃𝐨 merca no comercio asociado de Santa Comba.

Sortearanse 𝟐𝟎.𝟎𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 𝐞𝐧 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬 (8.000€ máis que nas pasadas edicións), distribuídos en 44 tarxetas prepago de 250 euros e 60 tarxetas de 150 euros, que deberán ser empregadas para volver a mercar nos comercios minoristas galegos.

O sorteo realizarase ante notario o 𝟐 𝐝𝐞 𝐗𝐮𝐥𝐥𝐨.

Para participar na campaña, proporcionámosche 2 maneiras diferentes:

1. Rexistrar a túa compra na páxina web www.diasazuis.com
2. Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a túa compra a través da páxina web www.diasazuis.com/comercios.
Deste xeito, o consumidor obterá unha participación a maiores para o sorteo.

*En ámbolos dous casos, o cliente debe fotografiar e/ou gardar o ticket de compra como xustificante da mesma.

🔹🔷Establecementos adheridos aos Días Azuis🔹🔷