Días azuis

Volven os Días Azuis!

Entre o 5 e o 25 de xuño merca no comercio asociado de Santa Comba.

Sortearanse 12.000 euros en premios, distribuídos en 24 tarxetas prepago de 250 euros e 40 tarxetas de 150 euros, que deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos.

O sorteo realizarase ante notario o 29 de xuño de 2023.

Para participar na campaña, proporcionámosche 2 maneiras diferentes:

1. Rexistrar a túa compra na páxina web www.diasazuis.com
2. Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a túa compra a través da páxina web www.diasazuis.com/comercios.
Deste xeito, o consumidor obterá unha participación a maiores para o sorteo.

*En ámbolos dous casos, o cliente debe fotografiar e/ou gardar o ticket de compra como xustificante da mesma.