Dumar 1980
Hoxe falamos dunha empresa que leva en funcionamento desde o ano 1980, polo que son xa 43 anos os que levan ofrecendo o mellor aos seus clientes.
Falamos de 𝐃𝐮𝐦𝐚𝐫𝟏𝟗𝟖𝟎, empresa en constante evolución que, tras varias reformas, no ano 2021 decidiu facer un completo cambio de imaxe cunha reforma integral da tenda, coincidindo tamén coa xubilación de Filucha, e quedando nas mans da súa filla Eva que a rexenta actualmente.
En Dumar poderás atopar unha ampla variedade de roupa tanto para home como para muller, que vai desde roupa sport e para o día a día ata 𝑙𝑜𝑜𝑘𝑠 de festa para eventos. Ademais de roupa, tamén dispoñen de calzado e complementos para que poidas completar o teu 𝑜𝑢𝑡𝑓𝑖𝑡 sen saír da súa tenda.
Ademais da calidade no servizo e a atención ó cliente, priman sobre todo a calidade dos seus produtos, traballando con primeiras marcas. Entre as súas firmas podemos atopar marcas punteiras como Florentino, Lois, Jack&Jones, JJXX, Vila, Object, Victorio & Luchino, Paz Torras, Andam, etc.
Un apartado no que destacan o seu traballo e variedade son as tallas grandes, que cada vez se fai máis complicado atopar, sobre todo en prendas de moda e actuais.
Grazas á ampla variedade nos seus produtos, en Dumar pódense vestir distintas xeracións, desde fillos, ata nais e pais ou incluso avós.
Ó longo de todos estes anos, sen duda posicionáronse como un referente dentro do noso concello, o que lles fai contar cunha fiel clientela tanto do noso municipio como dos limítrofes.