Electra Santa Comba
Hoxe contámosvos un pouquiño máis sobre Electra de Santa Comba, que é membro da Asociación dende o ano 2001.
A orixe desta sociedade remóntase aos anos 20 cando José Arufe Suárez construíu no río Xallas unha represa, un canal e dous muiños para moer o trigo e o millo necesario para a súa “Tahona” en Santa Catalina, posteriormente instalou unha turbina nun dos muiños e unha liña eléctrica para transportar a enerxía creada no río ata a parte posterior do seu forno de leña en Santa Catalina.
Co tempo foi derivando a enerxía para dar luz aos fogares da zona e xa en 1929 firmouse o primero contrato de alumeado público do concello. Sirvan estas liñas para facerlle unha pequena homenaxe a José Arufe Suárez na cercanía do centenario da fundación desta empresa, un verdadeiro pioneiro da comarca do Xallas.
A actual sociedade limitada Electra de Santa Comba creouse en 1998, e co cambio na normativa no sector eléctrico en 2009 adaptou o seu obxecto de negocio, separando a actividade de facturación directa e o cobro aos clientes para adicarse na actualidade a ofrecer un servizo de distribución de enerxía eléctrica de calidade, adicando os recursos da empresa para a operación e mantemento de 99 kms de liñas de media tensión, 138 kms de liñas de baixa tensión e 120 centros de transformación, sendo o seu ámbito de distribución gran parte do concello de Santa Comba e unha pequena parte do concello de A Baña.
Nas fotos que acompañan esta publicación podedes ver a José Arufe Suárez, e tamén o estado da represa do río Xallas na actualidade.