Entrega de premios da XV edición do concurso de escaparates

O luns día 24 realizouse o acto de entrega de premios da XV edición do Concurso de escaparates, no auditorio do Multiusos xalleiro.

I premio, dotado con 350€ en vales de compra no comercio local a Zapatería Pisotones

II premio, dotado con 250€ en vales de compra no comercio local a Gestoría Pose y Rial, S.C.

III premio, dotado con 175€ en vales de compra no comercio local a SLage Pinturas y Barnizados S.L.

IV premio, dotado con 125€ en vales de compra no comercio local a Farmacia del Río.

V premio especial Redes Sociais, dotado con 100€ en vales de compra no comercio local a Dumar 1980.

Noraboa aos premiados e grazas a tódolos comercios que participaron nesta edición, así como ao xurado que avaliou os escaparates.