Erwindental
Non é un segredo o cambio positivo que ten o sorriso nas persoas, tanto no benestar que xenera como no ben que senta, e desde a empresa que hoxe vos presentamos axúdannos a que, ademais de san, poidamos lucir o sorriso máis bonito.
A experiencia de Erwindental vai en consonancia coa calidade que dende sempre tratan de imprimir aos seus tratamentos, ese é o seu principal obxectivo.
Unha dedicación seria na formación continuada do seu equipo e a incorporación de novas técnicas e tecnoloxías no seu campo, son as bases para iso.
Un dos seus piares fundamentais é o trato personalizado e cordial que ofrecen . A confianza é a base da relación cos seus pacientes. Este lado humano e profesional caracteriza a un selecto equipo de profesionais e fai que sexan capaces de entender as necesidades de cada caso e así tratalo da mellor maneira posible.
Contan con equipos de radioloxía en 3D, concretamente o TAC tipo CBCT, e tamén escáner intraoral, un sistema de dixitalización que evita en moitos casos a toma de impresións tradicionais, e aporta un valor engadido na exactitude e axuste dos traballos realizados. Isto conleva unha calidade de nivel superior.
Entre todos, forman un equipo profesional por especialidades nas diferentes áreas da Odontoloxía: estética dental, ortodoncia, prótese, implantes dentais, cirurxía oral, odontopediatría, periodoncia, oclusión, endodoncia,… Segundo as necesidades de tratamento, cada paciente será sempre tratado polo profesional especializado.
Visítaos na súa clínica na Rúa Carmen Santiso e leva un sorriso!