Facal Construvi
Como cada martes tedes unha cita con un dos nosos asociados para coñecer un pouco máis sobre a súa empresa e hoxe é o turno de Facal Construvi.
É unha empresa de carácter familiar fundada no ano 1975 por Manuel Facal López baixo o nome, por aquel entón, de Construcciones Facal.
Son expertos en pedra, realizando traballos de cantería tanto en interiores como exteriores, executados pola súa experta plantilla de profesionais.
Realizan tamén rehabilitación integral e reforma de vivendas, edificios e locais comerciais, aportando unha gran experiencia en procesos construtivos tradicionais.
No tocante a obra nova, dende Facal Construvi encárganse do proxecto de arquitectura, as instalacións e legalizacións, así como da dirección facultativa e a xestión do teu proxecto.
Dende os seus comezos, a súa gran meta foi responder con éxito ás necesidades do cliente, poñendo á súa disposición toda a súa experiencia, os mellores equipos e o personal técnico que forman Facal Construvi.
Son un gran equipo de profesionais con anos de experiencia no sector, que fan que se atopen ó dia das novidades deste gremio, aportando novas ideas e solucións á hora de mellorar todo tipo de traballos e levar a cabo as ideas dos seus clientes.
A atención ó detalle, a comunicación aberta e a honestidade e integridade avalan todos os seus proxectos, e a longa lista de clientes satisfeitos é a súa mellor carta de presentación.
Aproveitamos para agradecerlles a confianza depositada na nosa Asociación da que levan máis de dúas décadas formando parte.