FERROCAR
Empresa constituida no ano 1973, nacendo así naqueles tempos unha industria pioneira no sector dentro da nosa comarca.
É unha empresa dedicada ó diseño, fabricación, distribución e montaxe de elementos prefabricados de formigón para a súa aplicación tanto en construcción industrial, como en edificación, agro-gandería e obra civil. Ademais, distribuen os seus prefabricados lixeiros a través dunha extensa rede de almacenistas colaboradores.
Os 45.000 m2 de instalacións inicias, unidos á infraestructura técnica e a un gran equipo humano significaron o punto de partido da Ferrocar actual.
Ó longo dos máis de 47 anos de experiencia que os avalan e grazas ó seu esforzo e traballo constante, mantendo sempre un prisma renovador e innovador, Ferrocar foi adaptándose a un mercado en constante evolución mediante o estudo, investigación e incorporación de novas tecnoloxías e productos para satisfacer as necesidades dos seus clientes.
Dende aquí agradecemos a Ferrocar a confianza depositada na nosa Asociación da que levan máis de dúas décadas formando parte.