Fidalgo descanso​

Un novo martes de seguir coñecendo aos nosos socios, e hoxe imos ata un sector moi importante no día a día e, a longo prazo, na nosa saúde: o descanso.
Un bo descanso é o primeiro paso para afrontar o día a día con optimismo e enerxía, e cando se compra un colchón, canapé, almofada ou calquera accesorio de descanso debe facerse pensando en sacar o máximo partido ás horas de sono e descanso.
Por iso hoxe falamos de 𝐅𝐢𝐝𝐚𝐥𝐠𝐨 𝐃𝐞𝐬𝐜𝐚𝐧𝐬𝐨, empresa de recente apertura no noso concello desde a que se preocupan pola túa saúde, por iso teñen á disposición dos seus clientes unha ampla gama de produtos para o descanso fabricados coas mellores materias primas do mercado.
Dispoñen da máis ampla gama de bases tapizadas, somieres multiláminas, articulados e canapés. Gran variedade e distintos modelos de colchóns: muelle ensacado, nbox, bonell, espuma hr, ensacado articulado, etc. para que poidas elixir o que mellor se adapta ás túas preferencias, gustos e necesidades e ás de toda a familia.
Contan tamén con gran variedade de butacas relax tanto manuais como eléctricas, con sistema powerlift e todo tipo de sofás, chaisslongue e rinconeras a medida tanto en fixo como relax das mellores marcas.
Ademais, en Fidalgo Descanso poderás atopar multitude de complementos personalizados para habitacións e outras estancias do fogar.
Se algún aspecto podemos destacar e sen dúbida a formación e asesoramento para axudarche a tomar a decisión máis acertada e atopar o produto que mellor se adapte a ti e ás túas necesidades.
Visita a súa tenda e exposición no 36 da Rúa Pontevedra, dispoñen de servizo de transporte e montaxe gratuíto a domicilio e recollida do produto antigo.