Foto Teca

Hoxe imos a falar sobre Foto Teca, empresa asociada dende o ano 2010, que comezou a súa andadura un 6 de Decembro, día da Constitución do ano 1989.
A súa propietaria, Teresa Castro, que desde nena tiña claro que quería dedicarse á fotografía, contaba só con 19 anos.
A primeira cámara fotográfica era analóxica, unha Zenza Bronica. As fotos de carnet facíanse cunha Polaroid instantánea.
Coa chegada da era dixital houbo un cambio moi importante neste sector, obrigando a cambiar o sistema de traballo e invertir en novas tecnoloxías.
Ao longo destes 33 anos fixo máis de 3.000 reportaxes e casou a máis de 1.000 parellas.
Ademais foi premiada en numerosas ocasións no concurso de escaparates de Nadal, case sempre co primeiro posto. Concurso que organiza o Concello de Santa Comba coa colaboración desta Asociación, da que foi dous anos tesoureira e catro presidenta, dende o 2016 ata o 2020.
Aproveitando esta ocasión, FOTO TECA quere facer unha mención moi especial a todos os seus clientes que despois de tantos anos son xa como da familia.
Como dato curioso, cóntanos que ten clientes aos que lles fixo as fotografías de bautismo, de primeira comunión e de voda.
FOTO TECA, agradece dende aquí, a confianza que toda a súa clientela depositou nela.