Freestyle Football

Sábados de Feirón, Santa Comba é a túa elección

O sábado 4 de setembro de 18:30 a 20:00 h. na Praza de Santa Comba.
Freestyle Football a cargo da empresa Vella Escola.
O evento terá 2 partes ben diferenciadas.
Na primeira parte, o artista realizará unha pequena exhibición mentras que na segunda parte, nenos/as e adultos participarán por subgrupos.
O público permanecerá sentado e para reservar entrada deberedes de enviar un whasapp aos seguintes contactos (633181817 e 618856411) indicando nome e apelidos e se queredes participar na segunda parte do evento.
No caso de non reservar entrada, poderase participar sempre que as reservas non superen a oferta de prazas (100).
Esperámoste o vindeiro sábado en Santa Comba para celebrar a mellor feira da Provincia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *