Funeraria Carracedo
A vida é o máis valioso que temos, está chea de momentos únicos e especiais que marcan a diferencia; por iso, para que poidamos desfrutala sen pensar no que pasará despois, destacamos a importancia de empresas como a que hoxe vos presentamos.
Neste martes queremos amosárvos un pouco máis dunha empresa coñecida por todos, xa que nos acompañan nos momentos máis delicados, guiándonos en todo o proceso para que só teñamos que preocuparnos de recordar ós nosos seres queridos.
Falamos de Funeraria Carracedo, empresa funeraria establecida no noso municipio que conta cunha longa experiencia en dar servizos funerarios na comarca.
Contan con tanatorio propio en Santa Comba no que dispoñen de tres salas velatorias, sala de exposición de flores, exposición de ataúdes, capilla, etc. Pero a maiores tamén prestan servizos nos tanatorios veciñais de Alón, San Cristovo e Santa Sabiña.
Para facilitarnos mediante os seus servizos o paso por un duro momento, esfórzanse en proporcionar un completo servizo que vai dende traslados, tanatorio e flores, ata o trámite de xestións e seguros de decesos, co fin de procurar a comodidade e tranquilidade dos seus clientes.
Os seus pilares fundamentais son a empatía e o respeto, comprendendo as necesidades que cada situación require.
O seu obxectivo, a través do cariño e a eficiencia no seu traballo, é poder seguir contando coa confianza das familias para acompañalos nos momentos máis delicados. Dar un servizo organizado e de calidade que axude ás familias a superar estos momentos e lles permita centrarse no que realmente importa.
Dende a nosa Asociación queremos agradecerlles a confianza depositada en nós ó longo de todos estes anos, e tamén destacar a importante labor que levan a cabo co seu servizo.