Gañadores do Concurso Un Entroido Cheo de Amor
UN ENTROIDO CHEO DE AMOR
Rematou o concurso “Un Entroido Cheo de Amor” no cal agradecemos a alta participación en apoio á hostalería de Santa Comba.
Os gañadores da Primeira edición deste concurso son:
•Primeiro premio para Iker e Alberto.
Unha noite de hotel con hidromasaxe para dúas persoas con almorzo e ramo de flores incluídos.
(Premio doado por Hotel Xallas, Quercus e Talladas Gastrobar).
•Segundo Premio para Cristina, Isa e Bruno que gañaron un xantar ou cea valorada en 80 euros a consumir en calqueira dos locais hostaleiros asociados.
• Terceiro premio vaise para Álex e David que gañan un xantar ou cea valorado en 50 euros a consumir en calqueira dos locais hostaleiros asociados.
Os premiados deberán acercarse ás oficinas da Asociación de empresarios de luns a venres en horario de 9:30 a 13:00 h. a recoller o premio e deberán de consumilos antes do 31 de agosto deste ano.
Moitas gracias polo gran apoio que están tendo os veciños de Santa Comba coa hostalería local nestos momentos complicados e a tódolos participantes do concurso.