Peluquería Garota

Como cada martes, é día de coñecer un pouco máis dun dos nosos asociados, e hoxe voltamos ó sector da beleza para falar de Peluquería Garota, que é un centro de perruquería e estética que leva aberto no noso municipio desde o ano 1995.

Tras máis de 20 anos de experiencia no sector, Ester e Eva, as profesionias que traballan en Peluquería Garota, buscan un trato personalizado con cada cliente, intentando que a visita á súa perruquería sexa sempre satisfactoria e os clientes disfruten dunha estancia agradable mentres realizan os seus tratamentos.

Entre os seus servizos de perruquería, ademais dos imprescindibles cortes, tintes, recollidos, etc, nos que te asesorarán para escoller o que mellor se adapte a ti, destacan outros como alisados de keratina, alisados definitivos, desrizados, tintes sen amoníaco ou barros (tintes vexetais).

No tocante á estética, realizan maquillaxes, depilacións, etc e destacan a manicura e pedicura brasileña, aparte da xa coñecida semipermanente.

Pero como en todo negocio, é imprescindible adaptarse ós tempos e á innovación constante, por iso contan con avanzadas técnicas como o microblading ou a micropigmentación de cellas, liña dos ollos ou labios.

E un servizo moi importante a destacar, que polo menos nós descoñecíamos pero nos parece unha gran iniciativa, é que para toda persoa que como consecuencia dun cancro tivese que quitar os peitos, en Peluquería Garota poden facer a areola mediante as técnicas citadas anteriormente, e cuxo importe será únicamente un sorriso.
Visítaas no número 30 da Avenida Brasil, e deixate asesorar e mimar por elas!